O Programa de mellora da adherencia terapéutica a través da preparación e entrega de sistemas personalizados de dosificación (SPD) do SERGAS actualiza os seus requerimentos de inclusión:
Esta prestación está dirixida a pacientes de idade avanzada (70 anos ou máis), polimedicados (10 ou máis medicamentos crónicos), con problemas de adherencia terapéutica ou dificultade para o uso correcto dos medicamentos, e que vivan sós/as ou non dispoñan de rede de apoio sociofamiliar para conseguir un tratamento adecuado.
Non obstante, se un candidato de menos de 70 anos e/ou menos de 10 medicamentos crónicos prescritos presenta unha manifesta falta de adherencia ou serias dificultades para o correcto uos dos medicamentos, poderá incluirse no programa para evitar riscos derivados destas circustancias, e sempre que cumpra o resto dos criterios de inclusión.
O candidato ao servizo será derivado a unha primeira consulta co/a seu/súa enfermeiro/a ou farmacéutico/a de atención primaria que valorarán o cumprimento dos requisitos necesarios para ser beneficiario. Posteriormente, o/a farmacéutico/a de atención primaria e o/a médico/a de familia revisarán o tratamento en conxunto, e o paciente recollerá os SPD cada dúas semanas na oficina de farmacia que elixa dentro da zona farmacéutica na que reside.
Toda a información dispoñible atópase na web do SERGAS.
O listado das farmacias participantes da nosa provincia pódese consultar a través desta ligazón.