147

Aviso y noticia

O Colexio convoca o IX CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL

Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo convoca o IX CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL, co patrocinio da distribución BIDAFARMA, e de acordo coas seguintes bases:

1.- Obxectivo: O obxectivo deste concurso é achegar a Oficina de Farmacia á poboación infantil e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade nos máis pequenos.

2.- Participantes: Poden participar todos os nenos e nenas de Educación Primaria (6-12 anos) da provincia de Lugo.

3.- Temática: A temática de cada traballo deberá ser “O Nadal e a Oficina de Farmacia”.

4.- Condicións da participación: Cada autor/a poderá presentar cantos debuxos desexe. Os debuxos deberán ser inéditos. Cada traballo non poderá levar firma e irá acompañado dunha folla onde se indique o nome e apelidos do autor/a, a idade, o seu enderezo, o teléfono de contacto e curso que está a facer, esta folla meterase nun sobre en branco e pechado. A súa vez este sobre cos datos persoais e o/s traballo/s meteranse noutro sobre.

5.- Formato e presentación: Cada debuxo terá unha extensión preferiblemente de media folla Din A4 (tamaño cuartilla), en orientación horizontal. Os traballos pódense presentar en calquera Oficina de Farmacia da provincia de Lugo.

6.- Prazo de presentación: O prazo de presentación dos debuxos comeza o día 30 de outubro e rematará o día 30 de novembro de 2021.

7.- Xurado: O xurado será designado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo. O fallo do xurado farase público o día 3 de decembro na páxina web Colexial www.coflugo.org, e comunicarase persoalmente ao gañador/a. A elección do debuxo gañador non será recorrible e non se aceptarán reclamacións.

8.- Premios: So haberá un debuxo premiado. O premio entregarase ao gañador/a no Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, sito na rúa Ramón y Cajal, nº2 2º polo Presidente do mesmo e consistirá nun diploma acreditativo e un agasallo. O debuxo gañador converterase na postal de felicitación do Colexio Farmacéutico, e expoñerase na páxina web Colexial www.coflugo.erg e así mesmo poderase difundir noutros medios de comunicación.

9.- Cesión de dereitos de autor: O Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo adquire os dereitos de reprodución, explotación e exposición dos debuxos que se presentan a concurso.

Más Noticias

[26/11/2021] Campaña de uso prudente de antibióticos
[05/11/2021] Cada paso suma. Es responsabilidad de todos conseguir un planeta saludable
[29/10/2021] O Colexio convoca o IX CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL
[19/10/2021] Información y simbología en los etiquetados de los medicamentos
[15/10/2021] Campaña: Que a gripe non te deixe na casa. Vacínate!

Ver más noticias