147

Aviso y noticia

O Colexio convoca o VIII Concurso de Postais do Nadal co patrocinio de Bidafarma

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo convoca o VIII CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL, co patrocinio da distribución BIDAFARMA, e de acordo coas seguintes bases:

Obxectivo: O obxectivo deste concurso é achegar a Oficina de Farmacia á poboación infantil e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade nos máis pequenos.

Participantes: Poden participar todos os nenos e nenas de Educación Primaria (6-12 anos) da provincia de Lugo.

Temática: A temática de cada traballo deberá ser “O Nadal e a Oficina de Farmacia”.

Condicións da participación: Cada autor/a poderá presentar cantos debuxos desexe. Os debuxos deberán ser inéditos. Cada traballo non poderá levar firma e irá acompañado dunha folla onde se indique o nome e apelidos do autor/a, a idade, o seu enderezo, o teléfono de contacto e curso que está a facer, esta folla meterase nun sobre en branco e pechado. A súa vez este sobre cos datos persoais e o/s traballo/s meteranse noutro sobre.

Formato e presentación: Cada debuxo terá unha extensión preferiblemente de media folla Din A4 (tamaño cuartilla), en orientación vertical. Os traballos pódense presentar en calquera Oficina de Farmacia da provincia de Lugo.

Prazo de presentación: O prazo de presentación dos debuxos comeza o día 30 de outubro e rematará o día 30 de novembro de 2020.

Xurado: O xurado será designado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo. O fallo do xurado farase público o día 3 de decembro na páxina web Colexial www.coflugo.org, e comunicarase persoalmente ao gañador/a. A elección do debuxo gañador non será recorrible e non se aceptarán reclamacións.

Premios: So haberá un debuxo premiado. O premio entregarase ao gañador/a no Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, sito na rúa Ramón y Cajal, nº2 2º polo Presidente do mesmo e consistirá nun diploma acreditativo e un agasallo. O debuxo gañador converterase na postal de felicitación do Colexio Farmacéutico, e expoñerase na páxina web Colexial www.coflugo.org e así mesmo poderase difundir noutros medios de comunicación.

Cesión de dereitos de autor: O Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo adquire os dereitos de reprodución, explotación e exposición dos debuxos que se presentan a concurso.

Más Noticias

[29/10/2020] O Colexio convoca o VIII Concurso de Postais do Nadal co patrocinio de Bidafarma
[29/10/2020] Contra a gripe temos vacina. Campaña de Vacinación Gripe 2020.
[16/06/2020] Campaña fotoprotección 2020: 15 Consejos de tu farmacéutico para una fotoprotección integral.
[27/05/2020] Hoy, 27 de mayo, se celebra el Día Mundial del Celíaco y queremos colaborar con la publicación de la siguiente infografía
[22/04/2020] LAS FARMACIAS DE GALICIA SE SUMAN A LA CAMPAÑA MASCARILLA-19 PARA APOYAR A VÍCTIMAS DE LA VIOLENCIA DE GÉNERO

Ver más noticias